Saturday 04 de May de 2024

A peza audiovisual Noite Irisada proxectarase no Elma


O teatro cine Elma albergará no sábado 26, ás 20.30 horas, a proxección de Noite Irisada, un proxecto audiovisual que recoñece, a través das voces protagonistas, a loita polos dereitos de gais e lesbianas en Galicia.

Esta actividade enmárcase na programación ao abeiro da campaña Liberdade de ser e sentir!, impulsada dende Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo do Día da Diversidade Sexual, no 28 de xuño.

Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo que se require inscrición previa mediante o teléfono de contacto 671090262.

Cómpre lembrar que o Concello da Pobra do Caramiñal, a través da súa área da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), súmase un ano máis á referida campaña que busca sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.

Máis información na páxina web www.seresentir.gal.